Mr. Krabs
Mr. Krabs

Review bykorania2026-11-06

O Sr. Cangrejo en Bob Esponja toma o mesmo papel que Gendo Ikari en Neon Genesis Evangelion. Explicome: en Evangelion dende o primeiro momento preséntasenos un panorama social e político no que os anxos están invadindo Tokyo e o protagonista, Shinji Ikari, ten que subirse ao Eva pra derrotalos. Agora ben, isto é algo que lle causa profundo dor a Shinji, máis o seu pai obrígalle a isto, ás veces mesmo chegando ó chantaxe (a frase máis celebre do primeiro capítulo é "Shinji, se non te subes ó Eva Rei terá que facelo"), sendo que, a pesar de estar "do lado do ben", Gendo Ikari sexa o antagonista en máis situacións e escenarios que os propios anxos. Pola súa parte, en Bob Esponja tamén temos un malo incuestionábel que ataca ó orde establecido (Plankton, o cal busca roubar a fórmula da Burger Cangreburger), mais na maioría dos capítulos o que actúa como antagonista é o Sr. Cangrejo (Torres Cangrexo, Las Botas Chillonas, Arrgh!, Turno de Noche...).

No comments yet

Sign in to comment.